A WALK THROUGH GALICIAN LANGUAGE AND LITERATURE IN THE COMMEMORATIVE ATMOSPHERE OF THE XACOBEO 2021-2022
DOI:
https://doi.org/10.9771/ell.i71.48182Abstract
Por motivo do xacobeo compostelán (2021-2022) e tamén no clima do xubileu de prata da fundación do Centro de Estudos da Lingua e Cultura Galegas (CELGA), a coordinación e o lectorado deste centro de estudos galegos situado na Universidade Federal da Bahia (UFBA) ofrecen ao público un número especial da Revista Estudos Linguísticos e Literarios dedicado á lingua e á literatura galegas. Após a coidadosa avaliación por parte de especialistas da área, chegouse a un conxunto de dezanove textos, da pluma de vinte e sete investigadores, provenientes de diversas rexións de Brasil e de Galicia — mais tamén de outros territorios, como Hungría e Estados Unidos—, que dan corpo a este volume, publicado como un marco festivo e duradeiro das tan significativas conmemoracións mencionadas.